HomesociedadeCurso sobre benestar animal en explotacións, do 1 ao 11 de xullo...

Curso sobre benestar animal en explotacións, do 1 ao 11 de xullo en Monforte

O curso desenvolverase no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos desde o 1 ata o 11 de xullo cunha duración total de 20 horas, en horario de tarde das 16:00 ata as 20:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os obradoiros abordan tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre o estudo do benestar animal e o correcto desenvolvemento da actividade profesional nas explotacións. Estas iniciativas están dirixidas ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, e tamén ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto a xuventude do medio rural.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende con este curso que os profesionais do sector teñan unha actualización dos seus coñecementos e a normativa vixente. Ademais, o obradoiro tamén pretender formar aos traballadores para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional e formar ao alumnado en materia de benestar animal, para profesionais que traballan nas granxas con animais.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

ÚLTIMAS

O concello de Chantada comeza a modernización do Miradoiro de Sernande

Con vistas ao Miño o concello de Chantada dispón dos miradoiros Terra Branca, Líncora,...

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...