HomesociedadeO Xeoparque Mundial Montañas do Courel a exame para revalidar a declaración...

O Xeoparque Mundial Montañas do Courel a exame para revalidar a declaración da UNESCO

Do 28 de xuño ao 1 de xullo o Xeoparque acolle unha misión de revalidación do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel con avaliadores que chegan de Portugal e Islandia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo desta misión é analizar sobre o terreo os traballos realizados como Xeoparque ao longo dos últimos catro anos nos diferentes campos: xeoconservación, patrimonio xeolóxico, cultural e natural; interpretación e educación; xeoturismo e desenvolvemento económico local sostible.

Os avaliadores visitarán, entre outros puntos, Seceda e as súas alvarizas, a ula da natureza de Moreda, a Casa Museo de Uxío Novoneyra ou a área fluvial de San Clodio.

O Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel é o primeiro e único ata o momento declarado en Galicia, foi designado o 11 de abril de 2019 en Paris durante a 206ª reunión da UNESCO Executive Board.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...