HomesociedadeA AV do Saviñao pídelle á Deputación que desbroce o corredor fluvial...

A AV do Saviñao pídelle á Deputación que desbroce o corredor fluvial do Miño

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita á Delegación de Vías e Obras Públicas da Área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que se limpen as cunetas no Corredor do Miño da rede viaria da Deputación no territorio do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O corredor fluvial do Miño iniciouse unindo na ribeira esquerda do Miño a praia da Cova coa aldea de Belesar. Posteriormente ampliouse dende as proximidades da presa de Belesar ata Pudio, lugar da parroquia da Candaira e coa intención de prolongalo ata case Ponte Mourulle entre O Saviñao e Taboada. 

A estrada é de titularidade provincial e a día de hoxe presenta dificultades de acceso ás propiedades e viñedos dos veciños do Saviñao. “Urxe unha urxente actuación de limpeza que tramitiron estes veciños á asociación veciñal. Esperemos que a presenza de maquinaria da Deputación na comarca sexa aproveitada para esta necesaria limpeza”, insisten desde a Asociación Veciñal.

A asociación veciñal refírese ao estado da estrada do Corredor Fluvial do Miño que parte da presa de Belesar paralelo ó río na direción norte. “A vexetación invade a estrada de maneira que ocupa o 50 % da calzada, despois de dous anos sin realizarse desbroce de mantemento. Este corredor é utilizado, ademais da finalidade paisaxística e turística, polos veciños que posúen terras e viñedos na ribeira esquerda, por riba da presa de Belesar e o tránsito de dous vehículos á par é imposible a día de hoxe, polo que a limitación á circulación é importante, debendo retroceder marcha atrás no caso de coincidir dous coches en sentido contrario”, explican desde a Asociación e solicítanlle á Deputación, “a inmediata limpeza e desbroce das cunetas do corredor fluvial do Miño dende o seu punto de partida próximo á presa de Belesar e a Pena de Abeado.”

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...