Homesociedade"Situación caótica" nos centros de saúde so sur da provincia e chega...

“Situación caótica” nos centros de saúde so sur da provincia e chega o verán, alerta a CIG Saúde

A CIG Saúde asegura que a situación da Atención Primaria nos centros de saúde da zona sur da provincia é preocupante e consideran que será peor na tempada de verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a CIG en todos os centros se repite o mesmo patrón: “ausencias dos profesionais sanitarios que non se cobren. Áreas administrativas desbordadas de traballo. No verán a poboación dos concellos da zoa Sur duplícase coa conseguinte subida de carga asistencial nos Centros . A non substitución dos profesionais cando collen baixas e permisos provoca sobrecarga de traballo nos centros de saúde co detrimento da calidade asistencial que iso provoca.”

A situación do Centro de Saúde de Monforte aseguran que “é caótica e a medida que avance o verán peor vai estar. Neste centro en quenda de mañá hai 10 médicxs e 10 enfermeirxs, 3 pediatras, 2 enfermeirxs de pediatría e en queda de tardes hai dous médicxs e un enfermeirx e outro deslizante que traballa 3 días de tardes e dous de mañá. A día de hoxe hai tres facultativos que están de baixa e previsiblemente sexan baixas longas. Outro médico xubilouse en xaneiro e a súa praza non foi cuberta de xeito estable. Os pacientes destes catro cupos repártense entre os demáis co que se incrementa a caga de traballo. Preto de 1.300 pacientes levan sen médico dende xaneiro e si a esto lle engadimos os pacientes dos médicos que se atopan de baixa, estamos a falar dunhas 7.000 persoas.”

No Centro de Saúde de Quiroga cunha poboación de 3.200 habitantes son atendidos por tres facultativos, “e dende hai un tempo un está de baixa e están a cubrilo a días alternos con persoal de PAC. O día 10 de xuño quedou unha soa profesional para atender os tres cupos e as urxencias. No verán queda o centro cun 66% de enfermaría e en médicos soen quedar ao 66% pero moito nos tememos que quede só un máis dun día no verán cando as dúas facultativas que están collan vacacións.”

No Centro de Saúde de Chantada asegura a CIG Saúde que hai problemas coa subministración de material, “na planta primeira do centro non hai toma de osíxeno e si hai moitos azulexos caendo co correspondente cartel de aviso do perigo. Cando a pediatra de Chantada pide permisos non a cubren e no verán imaxinamos que tampouco o farán, oa igual que acontece coa pediatra itinerante que atende aos nenos de Quiroga,San Clodio, Folgoso, A Pobra, Bóveda, Rubián e O Saviñao. A cobertura dos profesionais sanitarios é mínima, polo que se atopan desbordados.”

No Centro de Saúde de Pantón auguran que van quedar só 2 médicos e nas vacacións 1. As ausencias de enfermaría cubriranse ao 50%, o mesmo que na Pobra do Brollón, Bóveda, Rubián, Sober, Carballedo e Escairón onde os médicos tamén se cobren ao redor do 60%.

A CIG Saúde asegura que en reunión mantida coa Xerencia de Atención Primaria, recoñeceron o déficit que hai de médicos e persoal de enfermaría. “O ano pasado fóronse do distrito de Monforte dous facultativos e este ano, un, o motivo é que non lles ofrecían estabilidade laboral. Pedimos máis implicación por parte da Xerencia e que lles oferten contratos de longa duración aos profesionais. En persoal de enfermería máis do mesmo, ofertan contratos de dous meses e así é moi dificil cubrir as ausencias.”

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...