Homesociedade100.000 € para mellorar tres estradas provinciais no Páramo

100.000 € para mellorar tres estradas provinciais no Páramo

A Deputación de Lugo comeza as obras de mellora en 13 quilómetros de tres estradas provinciais do Páramo cun investimento de 106.819€. Actúase nas vías LU-P-4203, na LU-P-4305 e LU-P-4306, que dan servizo a varias parroquias do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións consisten na reparación de desperfectos que presenta a estrada e a pavimentación da vía. Estase traballando na vía que une Pacios con Trebolle, a LU-P-4203, entre os puntos quilométricos 8 e 14. Tamén se mellora a LU-P-4305, que conecta a provincial LU-P-4304 coa parroquia de Moscán, con traballos dende o quilómetro 0 e o 1,426. E a terceira das estradas nas que a Deputación está reparando é a LU-P-4306, dende a vía provincial LU-P-2904 e Santo André de Ribeira, nos primeiros 5,6 quilómetros. 

O prazo de execución destas obras é de 4 meses, aínda que a previsión é que rematen antes se a meteoroloxía é favorable. Estas actuacións garantirán a seguridade viaria e a comodidade da veciñanza e dos visitantes que se achegan ata O Páramo.

A institución provincial destina 17,3M€ dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...