Homesociedade441.000€ para a mellora da eficiencia enerxética no Ies Río Cabe

441.000€ para a mellora da eficiencia enerxética no Ies Río Cabe

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades saca a licitación por 441.237 euros obras de mellora da eficiencia enerxética no Instituto de Educación Secundaria (IES) Río Cabe de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o centro para abordar con membros da directiva os detalles do proxecto, que se centra na substitución de toda a carpintería exterior -salvo algunhas ventás do segundo andar que xa foran renovadas recentemente – por outra con maiores prestacións de estanquidade que incorporarán perfís de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro illante. Ademais, renovaranse as persianas.

No tocante á fachada, actuarase na parte superior das carpinterías que se mudan, coa instalación de illamento termo-acústico. Así mesmo, procederase a pintar os paramentos verticais que se vexan afectados polas obras.

As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o próximo 29 de xullo. Unha vez que se formalice o contrato, o prazo estimado de execución dos traballos será de tres meses.

Arias salientou que promover unhas infraestruturas máis sostibles desde o punto de vista medioambiental é un dos criterios marcados no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, que aposta por uns colexios e institutos mellor acondicionados e máis confortables para o alumnado e o profesorado.

Tamén subliñou o compromiso da Xunta cos centros educativos de Monforte de Lemos e destacou as actuacións máis recentes, como a reforma e ampliación do IES A Pinguela, na que se investiron 230.000 euros -; ou a rehabilitación integral do Centro de Educación Especial (CEE) Infanta Elena, cun orzamento aproximado de 900.000 euros. Ambas obras finalizaron o ano pasado.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...