HomesociedadeRubián festexa Outrora con 13 obradoiros de Artesanía de Galicia

Rubián festexa Outrora con 13 obradoiros de Artesanía de Galicia

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse na mañá deste xoves ao evento Artesanía de Galicia en Bóveda, impulsado pola Xunta de Galicia no marco da XVIII Feira Outrora de Bóveda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

13 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados no traballo do coiro, na bixutería, nos esmaltes, na creación de xoguetes, na moda, na xoiería ou no pirogravado participan deste cita que se prolongará ata as 21:00 deste xoves. Trátase de Artesanía Enxebre de Valdeorras (O Barco de Valdeorras), Bangus (Ourense), Bisutetoka (Monforte de Lemos), Bolboretas de Coiro (Lugo), Casperlota Atelier (Paderne), Como pez en el agua (Vigo), Enxógate (Quiroga), HC San Rafael Vigo (Vigo), María Aba (Ourense), Milena Colella (Santiago de Compostela), Mimacuir (Taboada), Rappa – Taller (Lugo) e Xabier Artesanal (Pereiro de Aguiar).

No programa de actividades inclúense dous obradoiros abertos e de balde para todos os públicos impartidos polos artesáns vigueses María José Martínez e José Antonio Carrera, en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. No obradoiro de marmolado, os participantes acadarán inesperadas e orixinais formas mediante unha técnica gráfica que consiste en colorear unha folla de papel poñéndoa en contacto con pigmentos non solubles que flotan na auga.

Por outra banda, no obradoiro de creación de cianotipia, os participantes coñecerán este procedemento fotográfico no que empregando papel de acuarela e un produto químico sensible á luz, e expoñéndoo directamente ao sol usando negativos de fotografía ou obxectos diversos, obtense finalmente unha imaxe en diversos tons de azul.

O obxectivo desta iniciativa é contribuír á posta en valor dos oficios artesanais galegos e achegárllelos a todos os públicos – especialmente aos máis pequenos – así como visibilizar a marca Artesanía de Galicia  e potenciar a comercialización deste tipo de produtos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...