HomesociedadeSegue a situación 2 nos incendios da Pobra do Brollón e Folgoso...

Segue a situación 2 nos incendios da Pobra do Brollón e Folgoso do Courel e en Quiroga seguen activos incendios en 3 parroquias

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 8,00 h. deste sábado. Levan ardido máis de 2.300 hectáreas nos incendios de Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón e Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No concello da Pobra do Brollón segue decretada como medida preventiva a Situación 2 na parroquia de Saa. O incendio permanece activo desde as 20,37 h. do xoves e afecta unha superficie provisional de 550 hectáreas. Ata o de agora téñense mobilizado para o seu control 2 técnicos, 9 axentes, 18 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 4 avións.  

Tamén en Folgoso do Courel segue decretada como medida preventiva a Situación 2 na parroquia de Seceda. Este lume iniciouse á 1,40 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 700 hectáreas provisionais. No lugar levan traballado un total de 8 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros. Neste lume está participando a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

Continúa decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora tamén en Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor. Este lume iniciouse ás 20,42 h. do xoves e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 300 hectáreas provisionais. Ata o de agora desprazáronse á zona 3 técnicos, 10 axentes, 19 brigadas, 11 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.  

Permanece tamén activo o outro lume de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que comezaba o xoves ás 20,25 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 250 hectáreas provisionais. No seu control traballaron ata o momento 14 axentes, 15 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 4 helicópteros

Permanece activo desde as 20,29 h. do xoves o incendio no concello de Quiroga, parroquia de Outeiro, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 250 hectáreas provisionais. Para o seu control lévanse mobilizado 2 técnicos, 12 axentes, 11 brigadas, 11 motobombas, 1 pa e 4 avións.

Segue activo desde as 11,42 h. de onte outro lume en Quiroga, parroquia de Nocedo, que rolda as 180 hectáreas provisionais. Ata o momento levan traballado nel 2 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.

Continúa activo un terceiro incendio forestal en Quiroga, parroquia de Quiroga, que se iniciou ás 12,42 h. de onte e afecta unhas 90 hectáreas provisionais. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 2 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas e 2 avións.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge pecha inscricións con 1.200 participantes

En menos de dúas semanas celebrarase a undécima edición do Quiroga Trail Challenge. O...

O BNG concéntrase diante do Hospital de Monforte en favor da sanidade pública

A concentración estivo presidida polos Deputados do territorio e da área de sanidade no...

Axentes forestais ofrecen atención á veciñanza na Pobra do Brollón

O equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello da Pobra do Brollón do Distrito...

Álvaro Gómez, promesa do bádminton e con orixes en Sober, bronce nunha competición internacional

Álvaro Gómez, xogador de bádminton vigués de orixe soberina --na parroquia de Lobios--, acadou...