HomesociedadeFAC-USO denuncia numerosos incumprimentos de Medio Rural co persoal de incendios

FAC-USO denuncia numerosos incumprimentos de Medio Rural co persoal de incendios

Critican tamén a descordinación existente entre os distritos forestais e nos propios incendios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) denuncia numerosos incumprimentos da Consellería de Medio Rural co persoal do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais (SPIF).

Denuncian o incumprimento reiterado da xornada máxima de traballo en caso de lume (12 horas), “producíndose, sistemáticamente, unha prolongación da xornada laboral que se apoia nuhna instrución da propia Consellería, que sinala que hai que reter ás cuadrillas o máximo tempo posible, aínda que leven máis horas das establecidas no convenio colectivo; a existencia de cuadrillas co só dous ou tres membros, a escaseza de motobombistas e brigadistas, etc., pola falta de efectivos, ao non terse cuberto as baixas e as prazas vacantes.

Critican tamén a descordinación existente entre os distritos forestais e
nos propios incendios, polos cambios de destino, que se producen cada pouco tempo; a falta de xantar e/ou bebida para o persoal; que algún distrito quede sen brigadas no seu territorio, “por mandalos a outras zonas, e logo, cando se produce un lume, o apagan brigadistas voluntarios, é dicir, nos seus días libres”.

FAC-USO conclúe cuestionando o papel da Unidade Militar de Emerxencias (UME), presente só nos grandes lumes, en comparación co persoal adscrito ao SPIF, inclusive, a pé do lume, no posto de mando avanzado, que se instala nos incendios importantes, “a xestión é pésima, pois se descoñece se os brigadistas recibiron o seu aprovisionamento, cantas horas teñen realizado, cantas horas poden seguir ata
compretar a súa xornada laboral máxima, etc., parecendo que o máis importante é a fotografía do político”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...