Homesociedade10 establecementos hostaleiros de Monforte no punto de mira por incumprir horarios

10 establecementos hostaleiros de Monforte no punto de mira por incumprir horarios

O concello abre 120 expedientes a 10 locais co obxectivo de regularizar a situación dos establecementos de hostalería en canto a licenzas e horarios, especialmente na rúa Duquesa de Alba.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Monforte acordou nas últimas 5 Xuntas de Goberno Local abrir 120 expedientes de procedementos sancionadores por incumprimento de horarios a 10 establecementos.  Os locais afectados e o número de expedientes de cada un deles son:

  • Valhalla…………………………30
  • Goultier…………………………29
  • Duomo………………………….26
  • Kviar…………………………….18
  • Revolution……………………….4
  • El Caimán………………………..3
  • Euphoria latina………………….3
  • Molinón…………………………..2
  • VGL……………………………….2
  • Magma……………………………1
  • París………………………………1
  • KM 0………………………………1

Logo de que os propietarios dos locais reciban as comunicacións, poderán realizar as alegacións que estimen oportunas, para posteriormente, poder resolver de xeito definitivo. Desde o concello tómanse estas medidas para facer compatibles o descanso dos veciños coa diversión doutros e evitar que pola mañá, cando a xente vai a traballar haxa establecementos abertos, con horarios fóra da legalidade.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...