HomesociedadeFolgoso do Courel ponse en marcha para recuperar o museo de Xan...

Folgoso do Courel ponse en marcha para recuperar o museo de Xan de Vilar

O Concello de Folgoso do Courel promove unha iniciativa para a recuperación do Museo de Xan de Vilar e convidan ás persoas interesadas a doar obxectos etnográficos para o museo de Xan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os incendios que estivo sufrindo a serra do Courel desde o pasado 14 de xullo leváronse por diante adeas como Río de Bois na Pobra do Brollón ou Vilar en Folgoso do Courel coa desaparición do museo etnográfico de Xan de Vilar.

Coa iniciativa do concello de Folgoso do Courel ademais de conseguir novos obxectos para un novo museo, tamén se inicia a recuperacion de fotos relacionadas con Vilar e con Xan.

Todas as persoas que queiran colaborar poden poñerse en contacto co Concello a través do mail info@folgosodocourel.com, ou no número 606118944. Os obxetos quedarán custodiados polo Concello de Folgoso do Courel ata a inauguración do novo museo de Xan. Poderán depositarse tamén nas oficinas do Concello.

“Todos xuntos imos devolverlle a ilusión a Xan. Non serán as súas pertenzas anteriores, pero será un novo punto de partida para a súa recuperación e posta en valor”, animan desde o concello, “agradeceremos todo o traballo e esforzo que desinteresadamente Xan fixo polo Courel, ensinando o seu museo etnográfico. Amosarémoslle tamén o noso apoio e cariño”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...