HomesociedadeCinco días de Artesanía de Galicia no Courel

Cinco días de Artesanía de Galicia no Courel

A través da Fundación Artesanía de Galicia celébrase por segundo ano consecutivo o evento Artesanía de Galicia no Courel, que se desenvolve desde este mércores ata o domingo, 7 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante cinco días, Artesanía de Galicia no Courel centrarase en achegarlle a artesanía aos asistentes a través de 11 obradoiros de iniciación a diferentes oficios como son a ourivería, o torno cerámico, o tecido, a restauración de mobles, a marquetería, a estampaxe, o bordado, a ilustración e a cestería.

As actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural Fondo de Vila, en Folgoso do Courel, e en tres localizacións da aldea de Parada: a sede da Fundación Uxío Novoneyra, a antiga escola unitaria e máis o aloxamento rural A Carbiña.

Entre as propostas atópanse os obradoiros de ourivería e de restauración de mobles, os dous de estampaxe téxtil e os de marquetería. A antiga escola unitaria de Parada acolle do 3 ao 7 de agosto o obradoiro Iniciación á ourivería, impartido pola ourive Susi Gesto (Santiago de Compostela), en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas, no que os asistentes traballarán as técnicas tradicionais para crear unha xoia de deseño libre; e o curso Restauración de mobles de madeira, a cargo de Sabela Fuentes e Xan Barcala do obradoiro A Factoría Atelier (O Grove), en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas, no que se dará nova vida ao mobiliario das antigas escolas unitarias do Concello.

No aloxamento rural A Carbiña celebraranse dous obradoiros de Estampaxe téxtil impartidos pola artesá e deseñadora Natalia Moreno (Baiona), no que os asistentes aprenderán a crear composicións harmónicas e o uso da cor para diversos deseños que estamparán de xeito artesanal sobre téxtiles naturais coma o liño ou o algodón. Posteriormente crearase un bolso cos tecidos estampados. A actividade desenvolverase en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas, en dúas quendas, do 3 ao 5 de agosto e do 6 ao 7 de agosto.

O artesán restaurador de instrumentos musicais e luthier Régis Floury (Baiona) encargarase de impartir dous obradoiros de Iniciación á marquetería sobre unha caixa de madeira. Os asistentes aprenderán a construír un paquete con diferentes chapas de madeira, a partir dun debuxo escollido por un mesmo, e montar a marquetería encolándoa sobre a caixa para finalmente realizar os remates precisos.  Os obradoiros celebraranse na Fundación Uxío Novoneyra en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00, haberá dúas quendas do 3 ao 5 de agosto e do 6 ao 7 de agosto.

Obradoiros abertos

A programación de Artesanía de Galicia no Courel inclúe tamén unha serie de obradoiros abertos ao público adulto e infantil, de carácter gratuíto e para os que non é necesaria a inscrición previa. O obxectivo destas actividades é tratar de divulgar os oficios artesanais e todos os valores que implica o feito a man para que futuros consumidores entendan o valor engadido da artesanía e mesmo futuros profesionais do sector vexan a artesanía como un modo de vida.

No Centro Sociocultural Fondo de Vila celebraranse os obradoiros de cerámica e de tecido, do 3 ao 7 de agosto, en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas. O ceramista Carlos San Claudio (Vigo) dirixirá o obradoiro de Iniciación ao torno cerámico, no que os participantes poderán elaborar no torno pezas de barro mediante as técnicas da olería tradicional galega.

Os artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera (Vigo) dirixirán o taller Aprendendo a tecer, no que amosarán as técnicas básicas para o manexo do tear e outros procedementos artesanais téxtiles fundamentais coma o fiado.

Na sede da Fundación Uxío Novoneyra celebraranse os obradoiros de ilustración e de cestería colaborativa, en horario de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00 horas. O debuxo. Unha ferramenta para tod@s estará impartido pola artesá Iria Ribadomar de Deica! Creacións (Santiago de Compostela) e nel aprenderanse os pasos que dar para comezar e adestrar o ollo e a man para poñelos ao servizo da creatividade. A cesteira Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica (O Porriño), dirixirá o obradoiro de Cestería colaborativa, no que se creará unha estrutura traballando entre todas as persoas asistentes empregando a técnica do tecido intuitivo.

No aloxamento rural A Carbiña terá lugar o obradoiro de Bordado sobre fotografía,  dirixido por Minia Banet de Variopinto (Santiago de Compostela), en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas. Neste obradoiro os asistentes aprenderán a bordar sobre papel intervindo antigas imaxes da serra do Courel e arredores, empregando postais e fíos de bordado e creando texturas mediante diferentes puntos.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...