HomesociedadeA Xunta impulsa no Courel a marca Artesanía de Galicia

A Xunta impulsa no Courel a marca Artesanía de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitan o evento Artesanía de Galicia no Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na visita, Heredia destacou a importancia das demostracións de oficios e dos obradoiros abertos dirixidos a todos os públicos como unha das vías máis efectivas para achegarlle á sociedade os valores que implica a artesanía, a marca Artesanía de Galicia e os oficios artesanais.

Desde o pasado mércores e ata o domingo día 7, desenvólvense en diferentes localizacións de Folgoso do Courel un total de 11 obradoiros de iniciación a diferentes oficios como son a ourivería, o torno cerámico, o tecido, a restauración de mobles, a marquetería, a estampaxe, o bordado, a ilustración e a cestería. O evento conta coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel e da Fundación Uxío Novoneyra.

Os visitantes que se acheguen ata o Courel estes días poderán participar, sen necesidade de inscrición previa, nos obradoiros abertos para o público adulto e infantil programados no evento coma o de Iniciación ao torno cerámico, impartido polo ceramista Carlos San Claudio (Vigo) e o Obradoiro: Aprendendo a tecer a cargo dos artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera (Vigo), que se celebran no Centro Sociocultural Fondo de Vila. Tamén están abertos ao público os obradoiros de Bordado sobre fotografía con Minia Banet, do obradoiro Variopinto (Santiago de Compostela), que se celebra no aloxamento rural A Carbiña, e os dous obradoiros que se celebran na Fundación Uxío Novoneyra: O debuxo. Unha ferramenta para todos coa ilustradora Iria Ribadomar, do obradoiro Deica! (Santiago de Compostela), e o de Cestería colaborativa impartido pola cesteira Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica (O Porriño).

Artesanía de Galicia no Courel / Consellería de Economía

Entre os obradoiros para os que se requiría inscrición previa atópanse o de Iniciación á ourivería, impartido por Susi Gesto (Santiago de Compostela), e o de Restauración de mobles de madeira, a cargo de Sabela Fuentes e Xan Barcala do obradoiro A Factoría Atelier (O Grove), na antiga escola unitaria de Parada.

No aloxamento rural A Carbiña celébranse os obradoiros de Estampaxe téxtil impartidos pola artesá e deseñadora Natalia Moreno (Baiona) e na Fundación Uxío Novoneyra os de Iniciación á marquetería, co artesán restaurador de instrumentos musicais e luthier Régis Floury (Baiona).

ÚLTIMAS

Máis de 70 persoas inscribíronse no XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Do 1 de marzo ao 31 de maio, o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira...

Xornada de Portas Abertas do ‘Xeocamping Montañas do Courel’

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...

40.000€ da Deputación para mellorar estradas municipais de Sarria e renovar o material de fisioterapia da residencia Nosa Señora do Carme

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a aplicación dos remanentes obtidos...

Coque Malla, Dorian e Abraham Mateo nas Patronais de Monforte

Nas Festas Patronais deste ano haberá 6 concertos principais, todos eles acompañados de orquestras...