HomesociedadeÉxito da XXII edición de Artelemos que este martes pecha as súas...

Éxito da XXII edición de Artelemos que este martes pecha as súas portas

O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, visitou a XXII Mostra de artesanía Artelemos 2022, que pecha hoxe pola tarde as súas portas, tras cinco días de exitosa actividade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras visitar os 23 stands que formaron parte da mostra, o Alcalde recolleu as valoracións dos artesáns participantes na mesma “e todos eles nos comentaron de que lles foi moi ben nos días de duración do certame e que levaron a cabo numerosas ventas”.

 “As estimacións que facemos dende o Concello, e tras o que nos comentan os artesáns participantes, é que superamos as cifras da edición de 2019, tanto en número de público asistente como de ventas acadadas”, resaltou o Alcalde. Neste senso, o incremento estes días no número de turistas e de visitantes á cidade, contribúe á mellora dos datos acadados, con respecto a edicións anteriores.

En Artelemos 2022 participaron 23 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia, como Vigo, Ourense ou Noia, e incluso de España, como Murcia.

Os obradoiros dirixidos a nenos e nenas, tamén resultaron ser todo un éxito, pois en todas as xornadas superáronse o número de prazas ofertadas para os mesmos. As mostras de oficios e demostracións en vivo de diferentes produtos artesanais, a cargo de artesáns tamén contaron cunha alta participación e foron moi ben valoradas polo público asistente.

“Boa mostra do éxito de Artelemos, logo de dous anos de ausencia, é que moitos dos artesáns xa se comprometeron a participar na vindeira edición de 2023”, concluíu o Alcalde.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...