HomesociedadeOutlet de verán en Sarria os días 19 e 20 de agosto

Outlet de verán en Sarria os días 19 e 20 de agosto

O Centro Comercial Urbano de Sarria – ACES organiza este venres e sábado, días 19 e 20 de agosto, a novena edición do "Outlet de verán" do comercio de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante eses dous días, os establecementos participantes ofrecerán grandes descontos, co obxecto de dar saída aos stocks de anos anteriores e/ou ó produto excedente da tempada de verán. Calzado, roupa, roupa infantil, agasallos, complementos, fogar,… unha ampla variedade de produtos que poderán adquirir os clientes a prezo rebaixado. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos locais adheridos a esta iniciativa.

Esta novena edición conta coa participación de 26 establecementos, que terán unha zona “Outlet” onde os clientes poderán beneficiarse dos produtos a prezo de saldo. Un distintivo xigante nos escaparates identificará a preto da trintena de comercios participantes, os cales abrirán as súas portas no seu horario habitual.

“Unha actividade máis coa que poñemos na rúa unha proposta para fomentar o mercado local e á que convidamos a participar, connosco, a todo o público de Sarria”, sinalan desde o CCU de Sarria.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...