HomesociedadeIniciada a mellora da estrada provincial que une O Torno con Gorgonzo...

Iniciada a mellora da estrada provincial que une O Torno con Gorgonzo no Saviñao

A Deputación de Lugo acaba de iniciar as obras de mellora do firme da estrada provincial LU-P-5811 que une O Torno con Gorgonzo, no Saviñao. As actuacións afectan aos primeiros catro quilómetros de vía, contan cun orzamento de preto de 176.000€ e un prazo de execución de 9 meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos inclúen a mellora do firme dos preto de 4 primeiros quilómetros desta vía e consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización. Trátase dunha actuación importante, xa que é a vía que vertebra as comunicacións coa parte norte do concello do Saviñao.

Este novo proxecto enmárcase na política da Deputación de Lugo para mellorar a rede de estradas de titularidade provincial e, desta forma, a mobilidade dos veciños e veciñas da provincia.

A institución provincial destina 17,3M€ dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da súa rede viaria, a máis extensa de todo o Estado.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...