HomesociedadeUn gromo activo de sarna e falta de persoal e medios na...

Un gromo activo de sarna e falta de persoal e medios na DomusVi de Monforte, denuncia CCOO

O sindicato critica a «pasividade» da empresa á hora de afrontar a falta de traballadoras e traballadores, así como de produtos de limpeza e hixiene básicos, pondo en risco a saúde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo CCOO, desde hai máis dun ano falta persoal de enfermaría na quenda de noite. A mesma ausencia prodúcese tamén polo día en diferentes quendas, chegando a haber máis de 48 horas sen presenza efectiva. “Así sucedeu, por exemplo, entre a mañá do pasado venres, 12 de agosto, ata a quenda de mañá do luns 15”, aseguran.

O sindicato lembra que estas ausencias incumpren a lexislación vixente, nomeadamente a orde autonómica que regula as condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención ás persoas maiores. Segundo esta norma, os centros con menos de corenta prazas asistidas deberán contar con presenza localizada de médico e persoal de enfermaría. Nos que o número de prazas for superior, tamén deberán contar con presenza física as 24 horas de persoal de enfermaría. Tamén faltan traballadores e traballadoras en departamentos con atención directa ás persoas residentes, principalmente de xerocultura e limpeza.

Para CCOO, a falta de persoal, amais de representar un risco para
as usuarias e usuarios da residencia, significa un aumento da carga de traballo para o resto de profesionais, co que iso supón de incumprimento dos seus dereitos laborais e de maior risco de padecer doenzas ou
accidentes de traballo.

O sindicato asegura ademais que pode chegar a pasar unha semana sen que haxa produtos desinfectantes na lavandaría do centro. “Comisións xa puxo estas eivas en coñecemento da Xunta de Galicia o pasado mes de xullo. Así mesmo, a raíz do gromo de escabiose, o comité de empresa e o servizo de prevención tiveron unha reunión coa dirección da residencia para esixir medidas urxentes”, conclúen.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...