As actuacións comprenden a renovación dun tramo da rúa Veiguiña, na que se construíron, ademais de renovar parte do seu firme, novas beirarrúas, da rúa Marcial de Valladares, da rúa Frai Martín Sarmiento, do Camiño das Bestas e a Travesía de Cobas, que tamén viron renovado o seu firme. Ademais, a rúa Frai Martín Sarmiento foi dotada do servizo de auga e saneamento.
O Concello tamén acometeu a ampliación do estacionamento do Parque de Cobas, dotándoo de 13 prazas máis de aparcamento para turismos, que engadidas ás 15 prazas xa existentes, suporán un total de 28 prazas.
A suma dos investimentos destinados a estes proxectos supoñen unha inversión de case 120.000 euros.
O Alcalde subliña que “en próximas datas, iremos dando a coñecer outros proxectos importantes para seguir mellorando a nosa cidade e tamén o conxunto do Concello. Continuamos así co desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o principio do meu mandato, e non olvidamos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”.