Acudiron á cita, ademais dos veciños e veciñas de Bulso, outros de parroquias limítrofes como Santa Cruz de Brosmos, Gundivós, Figueiroá, Amandi, Lobios ou Santiorxo.
Máis de 100 personas gozaron dun serán no que o prato principal foi unha paella preparada polo mestre cociñeiro e veciño da parroquia, Pepe Arias.
Nesta xornada non faltou a música onde Alexandra, Pedro Llano e Marie de Ousille foron os intérpretes.
Os organizadores tiveron un detalle especial para o cociñeiro Pepe Arias e para o Inspector Xefe da Policía Nacional, José Ramón Álvarez, un dos principais impulsores deste fermoso encontro interparroquial.
