HomesociedadeA Deputación aglomera un novo tramo da estrada de Sober a Doade...

A Deputación aglomera un novo tramo da estrada de Sober a Doade onde inviste 120.000€

A Deputación de Lugo rematou este xoves o estendido de aglomerado en quente para a mellora da estrada provincial LU-P-5903, que conecta Sober e Doade. Uns traballos enmarcados no proxecto de mellora no que a institución inviste preto de 120.000€ para renovar o treito comprendido entre os puntos quilométricos 13,740 e 14,480.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial leva destinado neste mandato un total de 355.000€ á estrada de Sober a Doade, pois ás obras que se están acometendo, súmanse as melloras xa rematadas no tramo que vai do quilómetro 13 a 13,740 por un importe de 100.000€, e as recén adxudicadas pola Xunta de Goberno por 133.000€ para obras á altura do núcleo de Vilachá.

Con respecto ao proxecto que está en marcha na actualidade, consiste na ampliación da plataforma ata conseguir unha anchura de 5,5 metros, drenaxe, afirmado e pavimentación e sinalización horizontal. A previsión é que quede rematada nas vindeiras semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

A institución provincial recalca que estas obras non só benefician aos veciños e veciñas de Sober, senón tamén a numerosos visitantes que empregan esta estrada para coñecer a Ribeira Sacra, os miradoiros e as adegas.

ÚLTIMAS

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...