Homesociedade175 nenas/os do Concilia Sarria visitan Lugo e a Deputación

175 nenas/os do Concilia Sarria visitan Lugo e a Deputación

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres no Pazo de San Marcos aos 175 nenos e nenas que participan no programa Concilia do Concello de Sarria na quenda da segunda quincena de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial colaborou con esta visita a Lugo co desprazamento, para o que fretou catro autobuses.

José Tomé, que estivo acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Concelleiro de Benestar Social de Sarria, Benjamín Escontrela, deulle a benvida no Salón de Actos aos rapaces e rapazas, de 3 a 12 anos de idade, e aos seus 13 monitores, desexándolles unha xornada divertida que recorden no futuro e animándoos a coñecer a Deputación e a cidade.

Os nenos percorreron despois as dependencias do Pazo de San Marcos e os xardíns e recibiron como agasallo o libro Colorea a túa provincia. Logo pasearon pola Muralla e foron ao cine.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...