Homesociedade15 de setembro, data recomendada para o inicio oficial da vendima na...

15 de setembro, data recomendada para o inicio oficial da vendima na D.O. Ribeira Sacra

Durante os próximos días, viticultores e adegueiros, estarán pendentes da climatoloxía para decidir como planean a súa vendima.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra reuníase a última hora deste 31 de agosto para decidir a data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe.

Os resultados dos controis de maduración nas viñas, que desenvolveu o equipo técnico da Denominación durante os últimos días, permiten determinar o estado da uva e definir a data oficial para o inicio da vendima nesta campaña.

O pleno decidiu como data oficial para esta campaña, o 15 de setembro, prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata outubro; podendo chegar ao redor dos 6 millóns de quilos de uva. O pasado ano a data oficial foi o 15 de setembro e finalizaba a vendima o 20 de outubro.

Na última semana algunha adega realizou traballos puntuais de vendima, tendo recolleitos ata o momento case 11.000 quilos de uva, principalmente Godello con 8.141 quilos. Séguenlle: Merenzao, 1.429 quilos e Albariño, 1.285 quilos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...