HomeTerra de LemossanidadeApoio e orientación laboral a coidadoras de persoas con Alzhéimer e outras...

Apoio e orientación laboral a coidadoras de persoas con Alzhéimer e outras demencias en Chantada

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou este venres 2 de setembro a Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer de Chantada (AFA) que vén de desenvolver, co apoio da Xunta de Galicia, un programa de apoio integral a 15 mulleres coidadoras de familiares con esta enfermidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A través da iniciativa Gabinete de apoio á muller coidadora, a Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer de Chantada (AFA) ofrece a estas persoas que, tal e como destacou López Abella, “habitualmente fan renuncias vitais e profesionais importantes para poñerse á fronte dos coidados”, orientación, atención psicolóxica, de mediación familiar e actividades para favorecer a súa empregabilidade e orientación laboral. Estas medidas, tal e como subliñou a secretaria xeral da Igualdade, resultan fundamentais para unha activación persoal e social das mulleres afectadas.

O 17% dos fogares da comarca chantadina contan polo menos cunha persoa dependente e máis do 80% das coidadoras principais son mulleres –esposas, fillas, irmás, noras– tal e como ten constatado AFA. “O labor que desempeñan ten un custe económico, pola merma de ingresos no momento de asumiren os coidados, pero tamén da saúde física e psicolóxica”, remarcou López Abella.

O 17% dos fogares da comarca chantadina contan polo menos cunha persoa dependente e máis do 80% das coidadoras principais son mulleres

A Xunta achegou 23.600 euros para o desenvolvemento do programa, no marco dos apoios que cada ano convoca para que entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro desenvolvan iniciativas dirixidas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

López Abella en AFA Chantada. Foto: Prensa Xunta de Galicia.

As coidadoras insírense neste programa ao ter que padecer moitas veces sobrecarga que pode afectar ao seu rendemento e xerar inestabilidade laboral. Non podemos esquecer que estas mulleres compaxinan en moitos casos a asunción dos coidados de fillas e fillos e tarefas de ámbito doméstico coa atención das persoas enfermas ao seu cargo nos seus postos de traballo.

Na súa visita, a secretaria xeral da Igualdade estivo acompañada do Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

ÚLTIMAS

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...