HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra recolleu case 142 mil quilos ás portas da...

A D.O. Ribeira Sacra recolleu case 142 mil quilos ás portas da fin de semana previa ao inicio oficial da vendima

Esta campaña elaborarán baixo o amparo da D.O. Ribeira Sacra 92 adegas. Os viticultores inscritos para esta vendima son 2.208 e as hectáreas inscritas 1.270.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 15 de setembro é a data recomendada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para iniciar oficialmente a vendima neste territorio. Desde finais de agosto algunhas adegas consideraron que tiñan parcelas puntuiais nas que xa podían vendimar. Así os datos de recollida de uva antes de comezar a fin semana previa á vendima oficial son:


Variedades tintas

  • Mencía 52.916 quilos
  • Merenzao 12.344 quilos
  • Garnacha 199 quilos
  • Brancellao 1.123 quilos
  • Caíno tinto 1.230 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 65.372 quilos
  • Albariño 5.512 quilos
  • Treixadura 2.424 quilos
  • Dona Branca 608 quilos

Total: 141.928 quilos

A uva que está entrando en adega ten un estado sanitario óptimo. A previsión é recoller nesta campaña uns 6 millóns de quilos de uva, previsión similar había para a pasada vendima que se pechou con 6.541.212 quilos.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...