HomesociedadeSober presume de centenarias e centenarios

Sober presume de centenarias e centenarios

O concello suma xa dez persoas que superan os cen anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A veciña de Sober Emilia Rodríguez López, natural de Froxán (Proendos), cumpriu 100 anos o pasado sábado 10 de setembro.

Un aniversario así non podía quedar sen celebración, co cal Emilia festexouno nun restaurante de Sober acompañada do seu único fillo José Ramón e dos seus familiares e amigos máis achegados.

Emilia coa familia diante da tarta. Foto: Prensa Concello de Sober.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, achegouse para felicitala persoalmente en nome de todo o concello e facerlle entrega dun ramo de flores.

Luis Fernández Guitián fai entrega do ramo de flores á nova centenaria. Foto: Prensa Concello de Sober

O Concello de Sober conta a día de hoxe con dez persoas centenarias, 8 mulleres e 2 homes.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...