HomesociedadeQueredes vivir a experiencia de conducir un Ferrari?

Queredes vivir a experiencia de conducir un Ferrari?

A nova campaña do Centro Comercial Urbano de Monforte ofrecerá esta oportunidade aos 9 mellores clientes que acrediten selo por volume de compras entre os días 12 e 21 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CCU de Monforte, asociación que xestiona e dinamiza ao comercio asociado da cidade do Cabe, vén de anunciar unha nova campaña para animar as compras do mes de setembro. Nunha iniciativa moi tentadora premiarase aos 9 mellores clientes do período comprendido entre o 12 e o 31 de setembro coa experiencia de conducir un Ferrari F360 por Monforte.

PARTICIPAR É MOI DOADO

Para optar a ser un dos afortunados con esa experiencia cómpre crear unha conta de usuario na páxina web: www.experienciasccumonforte.com e a partir do luns 12 de setembro rexistrar nesa mesma páxina os tickets ou facturas de compra de comercios asociados ao CCU.

O obxectivo para os e as participantes será ‘ir enchendo’ as súas respectivas cestas de compra e as 9 máis altas ao remate da campaña terán o seu orixinal premio.

As bases están tamén na web indicada e o máis importante delas resumiríase no seguinte:

-Os premios son nominativos, non se poden ceder a terceiros/as, e só poderán participar maiores de idade con permiso de condución vixente con data 25 de setembro de 2022, día no que se gozará da experiencia.

-No que respecta aos tickets ou facturas de compra só se poderán rexistrar aqueles e aquelas que proveñan de negocios asociados e que teñan data entre o 12 e o 21 de setembro.

-Só se poderán contemplar os superiores a 10 € e como mínimo deben rexistrarse de tres negocios asociados.

-Os tickets ou facturas superiores a 100 € só contabilizarán como 100 €, cómpre gardalos fisicamente para ensinar se son gañadores.

-Os socios, familiares, parellas e incluso empregados non poderán participar con tickets ou facturas do seu propio negocio.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...