HomesociedadeFAC-USO reclama a contratación de persoal todo o ano para previr os...

FAC-USO reclama a contratación de persoal todo o ano para previr os incendios

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) reclama á Consellería de Medio Rural a contratación de persoal para o Servizo de Prevención contra Incendios Forestais (SPIF), durante todo o ano, e no só nove ou inclusive seis meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende FAC-USO denuncian novos incumprimentos do convenio colectivo, “nalgún distrito forestal, comenzou, estes días, a realización de labores de prevención, cando en época de perigo baixo se debe facer a prevención e a extinción, namentres que agora, de perigo alto, procede a vixilancia e a extinción.”

Lembran que teñen denunciado que se está obrigando ao persoal a prolongar a súa xornada laboral, máis alá das 12 horas, e que se están a dar casos de só dous ou tres brigadistas, falta de motobombistas, por non cubrir as baixas e as prazas vacantes.

Sinalan que dos tres factores que determinan un lume (temperatura, humidade e combustible), “precisamente a Consellería de Medio Rural esperou a principios de setembro para actuar sobre a masa forestal, realizando agora a prevención, cando, dende fai varios meses, debeu ter ordeado rozar os montes, facer cortafogos, diminuir a vexetación combustible acumulada, etc., controlando, así, a magnitude dos eventuales lumes, cando os peores incendios se soen producir ao final do período estival”

A Federación esixe á Consellería de Medio Rural a contratación deste colectivo profesional durante todo o ano, “porque, se ben é verdade que os incendios se producen, en maior medida, en verán, a prevención debe realizarse ao longo dos 12 meses, período no que, sen lugar a dúbida, deben prestar servizo.”

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...