IniciosociedadeCooperación entre Letonia e o GDR Ribeira Sacra-Courel para impulsar o patrimonio...

Cooperación entre Letonia e o GDR Ribeira Sacra-Courel para impulsar o patrimonio sacro

Representantes do GDR Rezekne (Letonia) visitan o territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel no marco dun proxecto de cooperación transnacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro desenvólvese entre este mércores e xoves, e participan tamén os socios nacionais do proxecto: ADRI Valladolid Norte (zona norte de Valladolid), ADECOAR (comarca de Arlanza, Burgos), AGALSA (Sierra de la Demanda, Burgos), AIDESCOM (comarca de Santa MAria Real Nivea, Segovia),  APRODERVI (comarca Villuercas Ibores Jara, Cáceres) e ASDECOMOR (comarca de Ordes, A Coruña).

O proxecto “O renacer do Patrimonio Sacro e Cultural” ten por obxectivo principal o impulso do turismo sacro e cultural das rexións participantes, e entre as actividades a desenvolver atópanse a realización dun intercambio de experiencias e ideas a través de visitas aos diferentes territorios.

Nestes dous días coñecen de primeira man exemplos de turismo sacro do territorio coas seguintes visitas: Mosteiro de San Salvador de Ferreira, igrexa de San Paio de Diomondi, mirador Adegas Moure- Abadía da Cova, Rectoral de Gundivós, Viaxe catamarán polo Canón do Sil, igrexa San Vicente de Pinol, Santuario de Cadeiras, Miradoiro de Cadeiras, Convento das Clarisas, Museo Etnográfico de Quiroga, igrexa e Abadía de San Clodio e barrio da xudaría en Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...