HomesociedadeDispositivo de tráfico en Monforte este venres pola Volta Ciclista a Galicia

Dispositivo de tráfico en Monforte este venres pola Volta Ciclista a Galicia

O concello de Monforte informa do dispositivo de tráfico que desenvolve este venres, 16 de setembro, con motivo do paso da segunda etapa da Volta Ciclista a Galicia, que comeza e remata en Taboada. Está previsto que o pelotón transite por diversas rúas de Monforte e que o faga aproximadamente ás 14:25 horas, polo que os cortes no tráfico produciranse a partir das 2 da tarde (14:00 h).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os cortes faranse desde as 14.00 porque o circuíto debe permanecer pechado e libre de vehículos en circulación, debido a que as motos da Garda Civil de Tráfico e os vehículos dos equipos e da organización chegan un tempo antes.

O percorrido polo que transcorrerá o pelotón en Monforte será o seguinte:

  • Entrada en Monforte, procedentes de Pobra de Brollón, pola rúa Ramón del Valle-Inclán.
  • Transcurso polo paso a nivel da Florida, en dirección centro cidade.
  • Baixada pola rúa Roberto Baamonde.
  • Na praza de Ponte Fontecha, o pelotón toma a dirección de La Compañía.
  • Seguen pola rúa Compañía ata o Paseo de Lugo.
  • Seguen por rúa Reboredo ata o paso a nivel.
  • Toman a rúa San Lázaro dirección A Pinguela.
  • Ó final desta, toman a rúa Sober e seguen dirección Piñeira para saír da cidade.

Dende o Concello solicítase que se evite a circulación polas vías afectadas polo paso de dito evento durante os horarios previstos e recoméndase o uso de vías alternativas de circulación.

Do mesmo xeito, agradécese a colaboración dos veciños e veciñas das rúas afectadas ós que se solicita que non poñan en marcha os vehículos que estean estacionados nas rúas polas que pasa o pelotón e que non saían dos garaxes que haxa nas mesmas.

Este dispositivo, ó transcurso da Volta Ciclista a Galicia ó seu paso por Monforte, estará coordinado pola Policía Local, que se encargará de proceder ós cortes de tráfico correspondentes, coa axuda doutros colaboradores municipais.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...