“…E lémbrate do Alzheimer”, o 21 de setembro e cada día

Entre o 20 e o 27 de setembro Afamon desenvolve distintas actividades orientadas á celebración do día 21, Día Mundial do Alzheimer.

AFAMON estimulación cognitiva / AFAMON

A Federación Galega de Asociacións de Familiares de persoas con Alzheimer (FAGAL), decide conmemorar este día baixo o lema “…E lémbrate do Alzhéimer”. Unha frase que recolle a necesidade de que o urxente non reste tempo e espazo ó importante. Na mesma liña, a Confederación Española de Alzheimer (CEAFA) concentra no lema “ InvestigAcción no itinerario da demencia”, a necesidade de impulsar a cultura de investigar para actuar de maneira concreta e específica ao longo do itinerario da demencia podendo identificar o tipo de investigación que se precisa en cada fase ou momento da evolución da demencia: Concienciación, prevención, detección, diagnóstico, tratamento e dó.

O contexto no que vivimos e unha sociedade cada vez mais frenética, na que o exceso de información e os recentes acontecementos fan que deixemos de mirar cara cousas importantes. Nese tempo de descoidamos de mirar cara o alzheimer hai unha persoa mais en cada recuncho do mundo tendo o seu primeiro” despiste, esquecendo o nome da súa filla ou afrontando un diagnostico de demencia. Momentos e persoas que debemos lembrar e manter na memoria para que algún día deixemos de dicir que a prevalencia da enfermidade aumenta cada ano.

Afamon súmase a esta conmemoración para sensibilizar ás administracións públicas e ás persoas en xeral de que a única forma de preservar a memoria destas persoas o maior tempo posible é lembrarse delas. Telas como prioridade sanitaria, investir, investigar e actuar.

O 20 de setembro, entre as 10 e as 14 horas situarase unha mesa informativa na rúa Cardenal de Monforte (zona peonil) onde membros da xunta directiva, voluntarios e traballadores de AFAMON realizarán as seguintes actividades dirixidas á poboación en xeral:

  • Información sobre a enfermidade e as actividades da asociación.
  • Entrega de balde de folletos informativos con consellos para coidadores de persoas coa enfermidade de Alzheimer.
  • Venta de lotaría de Nada con donativo. (A partir do dia 21 de setembro a lotaría tamén se pode adquirir no local social na R/ Doutor Casares nº 35, baixo de Monforte)

Os días 22 de e 27 de setembro. Actividades socioculturais para as persoas usuarias de AFAMON: dia 22, xoves, visita á exposición Castelao Grafista (FACSÍMILE) no Espazo +60 de Fundación Abanca en Monforte e o día
27, martes, visita guiada ó Pazo de Tor.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here