Homesociedade15 viños da D.O. Ribeira Sacra son Distinguidos Gallaecia

15 viños da D.O. Ribeira Sacra son Distinguidos Gallaecia

Dos viños catados 110 pertencían á D.O. Ribeira Sacra e obteñen Distincións Gallaecia 4 brancos, 1 rosado e 10 tintos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os viños distinguidos neste concurso son resultado dunha dobre cata, a primeira nos Consellos Reguladores das D.O. e a segunda con viños de mercado para coñecer o viño que chega ao consumidor final. Todos os viños Distinguidos superaron o corte de 84 puntos (ficha cata O.I.V.). Dos viños catados 110 pertencían á D.O. Ribeira Sacra e obteñen Distincións Gallaecia 4 brancos, 1 rosado e 10 tintos.

Os Distinguidos Gallaecia en brancos son:

  • Almalarga 2020 de Alma das Donas S.L.
  • Almalarga barrica 2019 de Ama das Donas S.L.
  • Condado de Sequeiras 2021 de Grupo Peago S.L.
  • Sollío 2021 de Álvarez Rodríguez, Juan Alberto

En rosados recibe Distinción Gallaecia:

  • Abadía da Cova rosado 2021 de Adegas Moure S.A.

Os Distinguidos Gallaecia en tintos son:

  • Adobe 2021 de Rectoral de Gundivós S.L.
  • Alma3once Barrica 2019 de Alma das Donas S.L.
  • Carcava 2019 de Don Bernardino S.L.
  • Cruceiro Rexio 2018 de Marcos Fernández, Ramón
  • Don Bernardino Finca Mezquita 2016 de Don Bernardino S.L.
  • Ibio 2019 de Don Bernardino S.L.
  • Melanio 2017 de Don Bernardino S.L.
  • Origen 2019 de Regina Viarum S.L.
  • Porto De Lobos 2017 de Adega Ponte Da Boga S.L.
  • Rectoral de Amandi 2021 de Bodegas De Rectoral De Amandi S.A.U.

Nesta 20 edición, máis de 50 catadores cataron 638 referencias (incluíndo 50 mostras IXP Augardentes e licores tradicionais de Galicia). O concurso consolídase como un dos mellores concursos de viño, non só en Galicia, se non no territorio nacional.

Máis dun millón de quilos recolleitos na D.O. Ribeira Sacra

Das 92 adegas que vendiman nesta campaña ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 54 están vendimando, 4 finalizaron a recollida e 34 aínda non comezaron. Tras a primeira fin de semana de vendima oficial entraron en adega 1.257.299 quilos de uva. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 761.545 quilos
  • Merenzao 41.002 quilos
  • Brancellao 7.191 quilos
  • Caíno tinto 12.405 quilos
  • Garnacha 16.847 quilos
  • Mouratón 2.384 quilos
  • Tempranillo 501 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 334.447 quilos
  • Albariño 49.150 quilos
  • Treixadura 20.852 quilos
  • Dona Branca 3.632 quilos
  • Branco Lexítimo 278 quilos
  • Torrontés 1.163 quilos
  • Loureira 935 quilos

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...