HomesociedadeQuiroga inicia a reparación da traída de auga danada polos incendios de...

Quiroga inicia a reparación da traída de auga danada polos incendios de xullo

Comenzaron as obras de reparación da acometida de auga a Quiroga. A tubaxe xeral viuse afectada polo lume nun importante tramo na zona de captación no río Ferreiriño en Leixazós e Campodola.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A totalidade do financiamento, 138.663,58 €, correrá a cargo de Augas de Galicia, grazas a un convenio asinado entre a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde do Concello de Quiroga, Julio Álvarez.

Segundo matizou o rexedor local, as actuacións do restablecemento das infraestruturas de abastecemento danadas polos incendios forestais engloban o cambio da tubaxe queimada e tamén facer un sistema de derivación para cando sexa preciso e poder bombear desde a Vergaza. Este sistema de derivación permitiría coller a auga no último tramo do río Ferreiriño, evitando problemas como o que se tería en caso de choivas intensas co arrastre de cinsas na zona de captación, ou outros que poidan xurdir.

A Xunta de Goberno Municipal decretou a urxencia de realizar estas reparacións, ante a situación de risco extremo de quedar sen abastecemento municipal desta traída que fornece a varios depósitos cos que se dá servizo a 1.289 usuarios das parroquias da Ermida e Hospital e á totalidade do casco urbano de Quiroga,

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...