HomesociedadeO concello de Monforte retoma o Programa Activa

O concello de Monforte retoma o Programa Activa

O prazo de inscrición tanto para actividades no Centro Cívico como nas parroquias permanecerá aberto dende hoxe e ata o 11 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte programa unha nova edición do Programa Activa, despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia. As actividades comezarán no mes de novembro e prolongaranse ata o 30 de xuño.

O Programa Activa ten como obxectivos promover o envellecemento activo, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, evitar as situacións de illamento e soidade das persoas maiores e dinamizar as zonas rurais do Concello.

Nesta nova edición dáse un aumento de prazas nas actividades máis demandadas, ofertándose un total de 510, entre as que haberá prazas para persoas discapacitadas.

Nas actividades ofertadas, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, destaca coma novidade “o curso de Competencias dixitais para uso cotiá, no que ensinaremos ás persoas maiores como manexar as novas tecnoloxías dixitais, procurando que manteñan a súa mente activa, tentando eliminar a fenda dixital interxeracional e reducir as desigualdades que isto provoca”. 

Todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e están subvencionadas ó 100% polo Concello monfortino.

No Centro Cívico, o Concello destina un total de 300 prazas, distribuídas en 19 grupos. A oferta de actividades deste Centro Cívico divídese en dous grupos:

-Actividades de envellecemento activo, dirixidas a persoas maiores de 55 años. As actividades ofertadas son:

  • Ximnasia de mantemento
  • Ximnasia acuática
  • Conservando a memoria
  • Manualidades
  • Canto coral
  • Costura creativa
  • Bailes de verbena
  • Competencias dixitais para uso cotiá:  este curso, que é novidoso na programación deste ano, inclúe ensinanzas de uso de caixeiros automáticos, para aprender a sacar cartos, como ingresalos, como pagar un recibo, etc. Desta forma, “achegamos as tecnoloxías dixitais ás persoas maiores, procurando que manteñan a súa mente activa e intentando eliminar a fenda dixital interxeracional e reducir as desigualdades que isto provoca”, explicou a Tenente de Alcalde.

-Actividades interxeracionais, dirixidas a persoas maiores de 16 años. As actividades ofertadas son:

  • Manualidades
  • Bailes de verbena
  • Costura creativa
  • Limpeza ecolóxica y cosmética natural

Nas Parroquias, o número de prazas ofertadas é de 210:

  • Conservando la memoria
  • Manualidades
  • Costura creativa
  • Ximnasia de mantemento

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...