HomesociedadeTúnel do viño da D.O. Ribeira Sacra na Feira L de Lugo

Túnel do viño da D.O. Ribeira Sacra na Feira L de Lugo

Ás portas da segunda fin de semana de vendima oficial na D.O. Ribeira Sacra, despois de comezar o 15 de setembro, as 89 adegas que vendiman nesta campaña levan recolleito 2.663.378 quilos de uva

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra acode á Feira L de Lugo que celebra a súa segunda edición os días 25 e 26 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, en horario de 12.00 a 21.00.

Dentro da programación inclúese o Túnel do Viño D.O. Ribeira Sacra, para saborear o viño resultado da viticultura heroica e como protagonista por ser o única D.O. vitivinícola da provincia. Participarán da cita 30 viños de 16 adegas con diferentes tipos de viños: brancos, tintos, barrica e diferentes anadas.

A cita organizada pola Asociación de Distribuidores de Hostalería e Alimentación de Lugo pretende ser o escaparate da riqueza culinaria da provincia e aspira a converterse no evento gastronómico máis importante do noroeste peninsular.

10 día de vendima oficial e 2.663.378 quilos recolleitos

Ás portas da segunda fin de semana de vendima oficial na D.O. Ribeira Sacra, despois de comezar o 15 de setembro, as 89 adegas que vendiman nesta campaña levan recolleito 2.663.378 quilos de uva. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 1.905.597 quilos
  • Garnacha 70.925 quilos
  • Merenzao 57.699 quilos
  • Brancellao 19.773 quilos
  • Caíno tinto 17.425 quilos
  • Sousón 8.327 quilos
  • Tempranillo 6.565 quilos
  • Mouratón 2.835 quilos
  • Grao Negro 36 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 454.526 quilos
  • Albariño 70.625 quilos
  • Treixadura 34.967 quilos
  • Branco Lexítimo 7.589 quilos
  • Dona Branca 4.391 quilos
  • Torrontés 1.163 quilos
  • Loureira 935 quilos

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...