HomesociedadeA mellora da LU-617 entre Monforte e Escairón rematarase en outubro, asegura...

A mellora da LU-617 entre Monforte e Escairón rematarase en outubro, asegura o delegado territorial

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou este martes a marcha das obras de mellora da estrada autonómica LU-617 entre Monforte de Lemos e Escairón (O Saviñao), que xa se atopan na fase de extensión da nova capa de rodaxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras céntranse no acondicionamento de 11,5 quilómetros desde a glorieta na que conecta a vía de altas prestacións CG-2.2, no punto quilométrico 1,5, ata a intersección coa estrada LU-615 en Escairón, no punto 13.

Arias confirmou que os traballos avanzan a bo ritmo, polo que estimou que poderán finalizar no mes de outubro sempre e cando as circunstancias climatolóxicas sexan favorables.

O proxecto contempla a realización de fresados localizados e reposición do pavimento a carril completo nas zonas deterioradas. Tamén se inclúe un reforzo do firme cunha nova capa de rodadura con mistura bituminosa en quente na totalidade do treito.

O delegado explicou que a actuación forma parte dun contrato para acondicionar o pavimento nas estradas LU-617, LU-611 e LU-603 ao seu paso polos concellos de Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Bóveda.

A intervención completarase cunha serie de actuacións para mellorar a seguridade e as prestacións das tres vías autonómicas, como a instalación de sinalización horizontal, tacos de resalto, captafaros, barreira de seguridade ou cunetas. A Xunta inviste 1,5 millóns de euros nestas obras, que suporán a mellora do firme nun total de 17 quilómetros das tres estradas. Os traballos comezaron no mes de xullo e contan cun prazo de execución estimado de seis meses.

LU 617 reforzo firme visita Arias / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...