HomesociedadeSAF Chantada presenta o 4 de outubro a nova sección sindical da...

SAF Chantada presenta o 4 de outubro a nova sección sindical da CGT

A cita será ás 11:00 no Casino de Chantada para presentar a nova sección sindical CGT- Chantada do SAF. Participarán representantes provinciais da CGT e representantes das traballadoras do Servizo de Atención no Fogar (S.A.F.).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o SAF informan de que as traballadoras déronse de baixa do sindicato CIG por considerarse “abandonadas” e consideran que a CIG estaba en conivencia coa empresa SAMAIN (CLECE).

Lembran que ante as folgas e manifestacións iniciadas a finais do 2019, e pese a decisión maioritaria tomada en asemblea en favor da súa continuidade, a delegada sindical abandona as concentracións por non estar conforme coas mesmas, “coa conseguinte pasividade do sindicato. Decisión que toma a delegada trala xuntanza persoal que manivo co alcalde da vila. Preguntámonos a cambio de que”, sinalan desde o SAF.

Consideran que a delegada sindical non cumpriu co seu cometido e o sindicato defendíaa. Nos casos das traballadoras despedidas lamentan a confusión e entorpecemento de ter presentando unha demanda colectiva que agora deixa pendentes de sentenza as demandas particulares presentadas. “Tras estes despidos, as traballadoras chamamos á mobilización e manifestámonos en Chantada e en Ourense con compañeiras de toda Galicia. Unha vez máis a CIG non estivo e abandonou ás traballadoras”, engaden.

Como última oportunidade, a organización SAF Chantada enviou ó sindicato CIG un correo coa petición de ter unha asemblea nun prazo de 15 días. Aseguran que non recibiron resposta e decidiron dirixirse con estes feitos á CGT, “que está con nós, que nos deu todo o seu apoio, que xuntouse con nós sempre que o pedimos, e que claramente non están da man de ningún cacique nin partido caciquil, nin de ningunha empresa privada.”

As convocantes pídenlle a todas as traballadoras do servizo de atención no fogar de Chantada que se sumen a esta iniciativa para defender os seus intereses. Engaden, “A maior parte dos ingresos vanse en transporte pola carestía dos combustibles e así non podemos seguir. Seguimos a traballar sen medios, tendo que levantar dependentes con moitos quilos de peso”.


ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...