Comeza o Sillor IX promovido por Folgoso do Courel que neste mes acolle o programa Coidados Porta a Porta

Este luns presentouse o obradoiro de emprego Sillor IX que este ano promove o Concello de Folgoso do Courel e no que participan ademais os municipios de Quiroga e Ribas de Sil.

Sillor IX / Concello Folgoso do Courel

Un total de 20 alumnos/as traballadores/as recibirán formación profesional durante doce meses a xornada completa. No caso concreto de Folgoso do Courel, o obradoiro dual de emprego formará a 6 alumnos/as traballadores/as na especialidade de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, agradece a presenza na presentación da xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Pilar Fernández, nun acto no que tamén participaron o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de Ribas de Sil Roberto Castro.

14, 17 e 18 de outubro, Coidados Porta a Porta

O programa da Xunta ‘Coidados Porta a Porta’ estará de novo no Concello de Folgoso do Courel os días 14, 17 e 18 de outubro

Unha unidade móbil desprazarase á localidade para ofrecer servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto a maiores de 55 anos. Instalarase na Praza do Concello.

Pódese pedir cita previa nos números 622 748 283 ou 623546992 e por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here