HomesociedadeMonforte saca a licitación o SAF por 3,3M€ en dous anos

Monforte saca a licitación o SAF por 3,3M€ en dous anos

Para este ano en curso, a partida que o Concello destinará para o SAF supón máis de 1,6M€ (1.675.741,20€), o que significa o 11% do orzamento anual do exercicio 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxecto deste contrato do SAF é a realización do servizo de axuda no fogar do Concello de Monforte de Lemos, na modalidade de libre concorrencia e de dependencia, entendido tecnicamente como un servizo integral, polivalente, e comunitario, orientado a unidades familiares que presentan dificultades para a realización das actividades elementais da vida diaria, proporcionándolles atención, mediante intervencións específicas que favorezan a súa permanencia e integración no seu entorno habitual, e compensen a súa restrición de autonomía funcional.

As bases deste prego de contratación foron confeccionadas de acordo coas prescricións técnicas elaboradas polo departamento de Servizos Sociais. Neste senso, o Alcalde destacou que “dende o Equipo de Goberno, traballamos concienzudamente na elaboración das bases para a licitación deste contrato dada a importancia e relevancia social que ten, tanto para os usuarios deste servizo, os nosos maiores, como para o persoal que traballa no servizo.” O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de servizos, adxudicado por procedemento aberto.

O prazo para a presentación de ofertas a este servizo estará aberto  ata o 30 de outubro de 2022. O prezo base de licitación fíxase en termos unitarios (prezo/hora).

Para o servizo básico, en horario ordinario, o prezo hora de licitación é de 19,27€ (co IVE incluído do 10%), e de 22,16€ (co IVE incluído do 10%)  en horario festivo.

Para o servizo de dependencia, en horario ordinario, o prezo hora de licitación é de 18,22€ (co IVE incluído do 4%), e de 20,95€ (co IVE incluído do 4%) en horario festivo.

O montante previsto de horas a contratar queda establecido nun total de 89.777,74 horas ó ano. Por modalidades, no servizo básico serán, en horario ordinario 16.745,84 horas/ano, e en horario festivo 163,99 horas/ano; no servizo de dependencia,  en horario ordinario 64.860,95 horas/ano, e en horario festivo 8.007,05 horas/ano.

O orzamento base de licitación do contrato por dous anos ascende a 3.351.482,40 euros IVE incluído. Este prezo poderá rexistrar lixeiras variacións derivadas do redondeo ao segundo decimal na suma de cada unha das modalidades.

O prego inclúe ademais a posibilidade de dúas prórrogas dun ano cada unha polo que o valor estimado do contrato a 4 anos é de 6.702.964,80 ive incluído.

O Alcalde sinalou que “para chegar a este prezo tívose en conta tanto o custo da man de obra, é dicir, a retribución de todos os traballadores a subrogar,  incluíndo o incremento do IPC para o ano 2022, que ascende a 6,5%, que é a parte máis relevante do custo do contrato, así como de todos os custos laborais derivados do convenio colectivo de aplicación no ámbito autonómico, concretamente do II Convenio colectivo da actividade de axuda no fogar de Galicia.

Poderán presentar proposicións as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en prohibicións de contratar, e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, tal e como ese recolle nas bases do contrato.

Criterios de adxudicación

Para a valoración das proposicións e a determinación da mellor oferta atenderase a unha pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo.

  • Oferta económica: ata 50 puntos
  • Proxecto técnico: ata 40 puntos.
    • Planificación e organización do servizo: ata 20 puntos.
    • Medios persoais: ata 10 puntos
    • Soporte informático de xestión do servizo: ata 5 puntos
    • Sistema de control presencial do persoal: ata 5 puntos
  • Melloras: ata 10 puntos.
    • Coordinador/a con diplomatura na área de servizos sociais: ata 3 puntos
    • Persoal auxiliar administrativo: ata 2 puntos
    • Préstamo de axudas técnicas: ata 2 puntos, onde se recolle a oferta de:
      • Grúas de mobilización persoal
      • Camas articuladas motorizadas con colchón adaptado
      • Colchóns “anti escaras”
      • Andadores
    • Limpezas de choque e/ou profundidade en domicilio: ata 1 punto
    • Horas anuais para atencións específicas complementarias: ata 1 punto:
      • Podoloxía a domicilio
      • Fisioterapia a domicilio s
      • Terapia ocupacional a domicilio
    • Servizo de transporte asociado a servizos de acompañamento: ata 1 punto.

ÚLTIMAS

27 de xuño de Portas Abertas no servizo de atención temperá de Quiroga

Dende o Servizo de Atención Temperá tiveron a iniciativa de reunir a todos/as os...

Monforte acolle o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica do 24 ó 28 de xuño

O programa de contidos do Campus contará con sesións de aprendizaxe, masterclass internacional e...

“Nin un só día sen médico e unha lei de alta montaña”, pide Courel Vivo ao pleno

O concello do Incio está situado nunha zona de montaña cunhas intensas características orográficas...

O Colectivo Vermut ‘ao rescate’ do San Xoán dos Chaos, en Monforte

Moitas celebracións populares van a menos, e incluso pérdense, por falta de relevo xeracional....