O concurso internacional que organiza o Cervim celebrouse o 29 e 30 de setembro no Val de Aosta, Italia. A esta 30ª edición do Mondial des Vins Extrêmes, o único concurso enolóxico internacional dedicado expresamente aos viños producidos por viticultura heroica, presentáronse 831 os viños de 301 adegas de 24 países de todo mundo.
A D.O. Ribeira Sacra presentaba 61 mostras de 32 adegas e obtén 14 medallas, 8 de ouro e 6 de prata.
Medallas de ouro
- Ibio 2019 de Don Bernardino (Sober)
- Don Cosme 2020 de EDV SLU (Quiroga)
- Finca Cuarta Ladeira 2021 de Rubén Moure Fernández (Sober)
- Finca Cuarta A Costa 2019 de Rubén Moure Fernández (Sober)
- Ciudáseis 2021 de María Gloria Alvarín Losada (Monforte de Lemos)
- CastroFiz Tradición 2020 de José Luis Fernández Pedreira (Chantada)
- Instinto Romano 2021 de Miguel Pavón Reinoso (Taboada)
- Bancales Olvidados 2019 de Adega Ponte da Boga S.L. (Castro Caldelas)
Medallas de Prata
- Rectoral de Amandi 2021 de Bodegas Rectoral de Amandi SAU (Sober)
- Condado de Sequeiras 2021 de Grupo Peago (Chantada)
- Rosa do Frade 2021 de Adega Vella Xeracións (A Teixeira)
- Prómine Singular 2021 de Adegas Petrón (Sober)
- Finca Cuarta Mencía 2021de Rubén Moure Fernández (Sober)
- Inseparables 2021 de EDV SLU (Quiroga)
A D.O. Ribeira Sacra é referente mundial do que se denomina viticultura heroica, denominación á que se chega por unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno tamaño habitualmente organizados en socalcos; condicións climáticas adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de elevada beleza e con carácter turístico.