HomesociedadeTriacastela suma este sábado unha nova centenaria

Triacastela suma este sábado unha nova centenaria

O Concello de Triacastela dálle os parabéns a Araceli Carballo López polo seu 100 aniversario!!!

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Araceli naceu en Cancelo, na casa da Torre, e casou na mesma aldea coa casa Belón. Tivo un fillo e unha filla e ten unha neta e dous bisnetos. Este sábado acompañouna toda a familia, tamén a súa irmá Julia de 94 anos.

A centenaria dedicouse á labranza e á casa. Vive na casa familiar co seu fillo Luis e a súa Nora Esperanza e atópase estupendamente.

Con motivo do seu centenario recibiu a visita da alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e do tenente de alcaldesa Óscar Fontal.

O Concello de Triacastela conta a día de hoxe con tres mulleres centenarias.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...