HomesociedadeFestival solidario en Monforte o 2 de novembro coa orquestra Panorama

Festival solidario en Monforte o 2 de novembro coa orquestra Panorama

A cita terá lugar na explanada da Compañía, o venres 2 de novembro ás 23.00 h. O obxectivo principal é facer unha recollida de alimentos non perecedoiros para axudar ás familias máis necesitadas.

Publicado o

- Advertisement -

A solidariedade, ás veces necesita un gancho e o éxito da Panorama parece ser un reclamo interesante para esta finalidade. A orquestra de moda en Galicia, propiedade do monfortino, Carlos Somoza, actuará de balde para animar a que a xente colabore. A orquesta xa ten feito outros concertos solidarios por outros motivos, como a loita contra o cancro.

Na explanada da Compañía colocarase unha carpa para que o público que vaia ao concerto deposite as súas aportacións. Solicítanse alimentos non perecedoiros, principalmente de carácter infantil. Os alimentos recollidos serán distribuidos despois por Cáritas e Cruz Vermella.

Na presentación desta iniciativa solidaria, o alcalde de Monforte, José Tomé, sinalou que os servizos sociais son piares da xestión do equipo de goberno e animaba aos veciños a entregar alimentos,  especialmente azúcar, aceite, galletas, cereais, conservas ou cacao, entre outros.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...