HomesociedadeCurso en Monforte sobre técnicas da agricultura orgánica

Curso en Monforte sobre técnicas da agricultura orgánica

A formación ten previsto celebrarse o vindeiro martes 25 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos en horario de 10,00 a 14,15 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar un curso en Monforte de Lemos sobre técnicas da agricultura orgánica aplicadas á fruticultura e outros cultivos.

O eixo central desta formación é dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios sobre a sustentabilidade e a resiliencia do medio rural, así como a rexeneración de terras pola súa relación coa saúde dos cultivos. Para iso, explicarase a interacción entre técnicas e prácticas sustentables co desenvolvemento tanto dos seus cultivos como da súa contorna.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...