Homesociedade22.000€ da Deputación para alumeado no lugar de Outeiro, en Taboada

22.000€ da Deputación para alumeado no lugar de Outeiro, en Taboada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as actuacións financiadas pola institución provincial que permitiron dotar de alumeado aos veciños e veciñas do lugar de Outeiro, no concello de Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación outorgou 22.000€ a través dun convenio de colaboración á Asociación de Veciños San Martiño das Dores para acometer estes traballos, que serviron para colocar seis luminarias de tecnoloxía LED e 60W de potencia.

José Tomé mantivo un encontro con veciños e veciñas deste lugar da parroquia de Couto, xunto coa voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o voceiro socialista no Concello de Taboada, Roi Rigueira, entre outros membros da Corporación.

Na visita, o Presidente comprobou de primeira man a eficiencia destes novos elementos luminosos, cos que se consigue un importante aforro enerxético, e puxo en valor que este tipo de cooperación co tecido asociativo da provincia forma parte do “máximo compromiso que temos na Deputación por acercar e mellorar os servizos dos veciños para favorecer a súa calidade de vida e, deste xeito, contribuír a que a poboación se quede no noso rural”. “Está claro que ninguén quere vivir nun lugar se non ten os servizos que necesita, e precisamente o que buscamos colaborando cos concellos e coas asociacións é dotar de máis e mellores prestacións ao noso rural, algo que é fundamental se queremos fixar poboación”.

O Concello foi o responsable da tramitación administrativa necesaria para levar a cabo as obras.

Máis de medio millón de euros en Taboada

A Deputación de Lugo inviste este ano en Taboada máis de 553.000€ a través de diferentes vías de actuación. Concretamente, máis de 180.000€ da institución provincial destináronse á rehabilitación da estrada LU-P-1809 que conecta Chantada con Antas de Ulla e outros 190.000€ ao arranxo de camiños e accesos a diferentes núcleos e parroquias. Mediante o Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022, a Deputación achega tamén preto de 37.000€ a Taboada para o acondicionamento dos vestiarios do campo de fútbol municipal e preto de 29.000€ para a reparación da cuberta do pavillón. Outras achegas da institución provincial para o concello de Taboada van destinadas ao reforzo dos deportes, o turismo ou á mellora dos servizos comunitarios.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...