HomeEconomíaAberto en Monforte o prazo de solicitudes de bolsas a deportistas individuais

Aberto en Monforte o prazo de solicitudes de bolsas a deportistas individuais

Todas as persoas interesadas poderán presentar méritos para a súa avaliación conseguidos entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022. A cantidade máxima de cada unha das bolsas establécese en 600 € por deportista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado luns, 10 de outubro, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases e convocatoria de bolsas a deportistas do Concello de Monforte que practiquen algún tipo de modalidade deportiva  individual durante a tempada 2021-2022. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir deste mércores, 19 de outubro.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destaca a importancia destas axudas “nunha cidade na que contamos cunha excepcional canteira de deportistas que destacan en moitas disciplinas e que sitúan a Monforte nun lugar elevado dentro da elite deportiva galega”.

O importe total destinado a estas axudas é de 7.000 euros, o que o que supón manter o mesmo importe que nas dúas tempadas anteriores, e 2.000 euros máis que en 2019.

Poderanse beneficiar destas axudas os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar empadroado/a no Concello de Monforte.
  • Estar federado/a nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas.
  • Ter participado, como mínimo, en tres probas ou campionatos de carácter oficial, dos cales un deles ten que ser o Campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva.

Terán a consideración de deporte de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados de forma individual. En todo caso, non se considerarán participacións individuais as substitucións nin as probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúe simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...