HomesociedadePróximos cursos no Centro de Formación Agraria de Monforte

Próximos cursos no Centro de Formación Agraria de Monforte

A Consellería do Medio Rural, a través da AGACAL, organiza en Monforte un curso sobre gandaría intensiva, que se celebrará o 24 de outubro e outros dous sobre produción de forraxes e alimentación do gando, que terán lugar o 25 e 26, respectivamente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O curso de gandaría intensiva celebrarase o vindeiro luns, 24 de outubro, en horario de 10,00 a 14,15 horas. O curso centrarase nos aspectos produtivos e de manexo para unha correcta alimentación da gandaría intensiva.

Así, a formación ten como obxectivo que os alumnos comprendan os conceptos básicos, tanto teóricos como prácticos, da anatomía, a fisioloxía e a alimentación animal, así como os procesos produtivos e os requisitos nutricionais en función de cada especie para un correcto manexo dos sistemas de produción.

O curso sobre forraxes terá lugar o vindeiro martes, 25 de outubro, mentres que o de alimentación de gando celebraríase ao día seguinte, o mércores 26 de outubro, en horario de 10,00 a 14,15 horas.

O obxectivo destas formacións é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para facer un bo uso do pastoreo co fin de que poidan abaratar os custes de produción e mellorar a calidade dos seus produtos finais. Ademais, contribúe a acadar unha produción gandeira máis eficiente, ao mesmo tempo que se respecta o medio ambiente.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...