HomesociedadeO MUFERGA acolle a celebración do 150 aniversario das Unidades Militares do...

O MUFERGA acolle a celebración do 150 aniversario das Unidades Militares do Ferrocarril

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este mércores nos actos de conmemoración do 150 aniversario das Unidades Militares do Ferrocarril, celebrados na sede do Museo do Ferrocarril de Galicia (MUFERGA), en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación incluíu unha conferencia do Coronel, Luís Poveda Martín e a inauguración dunha mostra conmemorativa da efeméride, que poderá visitarse ata o vindeiro 30 de novembro.

García Porto estivo acompañada polo firector do Museo do Ferrocarril de Galicia, Luis Blanco, a Tenente de Alcalde de Monforte de Lemos, Gloria Prada, e os coroneis Luis Poveda e Manuel Montero, entre outras autoridades.

A creación das Unidades Militares do Ferrocarril tivo lugar cunha Real Orde en 1872, para a reorganización das tropas dos enxeñeiros na península. Estas seccións tiveron un papel moi importante na loxística do transporte de personal y material das forzas do Exército de Terra.

O horario habitual deste museo é de martes a venres, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00horas. Os sábados, domingos e festivos as instalacións do MUFERGA poden visitarse de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

A Deputación de Lugo achega 20.000€ ao Museo do Ferrocarril de Galicia para impulsalo como un motor turístico da Ribeira Sacra. Unha achega que se materializa a través dun convenio de colaboración entre ambas entidades e que se enmarca no compromiso da institución provincial coa difusión e posta en valor da cultura, a historia e o patrimonio para impulsar a economía, o sector hostaleiro, o comercio e o turismo.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...