HomesociedadeMonforte mellorará 5 novas rúas cun investimento de 180.000€

Monforte mellorará 5 novas rúas cun investimento de 180.000€

A suma dos investimentos destinados a estes 5 proxectos supón case 1800.000 euros (177.064,09€). As actuacións comprenden a renovación do firme das ás rúas Echegaray, Doutor López Suárez, Poeta Manuel María, Saviñao e Pascual Veiga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, deu a coñecer este luns, 5 novos proxectos de mellora en rúas urbanas do Concello de Monforte, “que supón a continuación do noso programa de melloras que, sen dúbida, van a dar continuidade ó noso obxectivo de dotar con mellores servizos e mellores infraestruturas ó noso Concello, en definitiva, ós nosos veciños e veciñas”.

No caso da rúa Echegaray ademais da renovación do seu pavimento, será dotada con novas prazas de estacionamento, o Concello destina a esta actuación un orzamento de 51.641,55 euros. 51.637,95€ destínanse á rúa Doutor López Suárez para mellorar o firme. Na rúa Manuel María, haberá unha novidade na sinalización que suporá a modificación do tráfico, dado que, para facilitar a circulación, non se poderá estacionar pola marxe dereita entre o comercio dos chinos ata a gasolineira, para que poida haber dobre sentido de circulación. Para esta actuación, o Concello destina un orzamento de 48.609,11 euros. Para a mellora dos firmes das rúas Saviñao e Pascual Veiga adica repectivamente, 13.513,37 e 11.662,11 €.

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...