HomesociedadeEste venres sortéanse os premios da campaña do comercio de Sarria

Este venres sortéanse os premios da campaña do comercio de Sarria

Todos os clientes de Sarria que realizaran compras no comercio de proximidade entre o 24 e o 28 de outubro, poden participar no sorteo en directo dos 1.000 euros en premios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sorteo dos premios da campaña “Mercar no teu comercio ten premio” en Sarria, terá lugar este venres, 28 de outubro, ás 20.30 horas, na Rúa Calvo Sotelo da localidade. Previamente, entre as 17.00 e as 20.00 hs, poderán canxearse os tickets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 24 ao 28 de outubro) por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

O sorteo contará coa presencia de representantes das entidades organizadoras, entre eles o presidente da Asociación de Comerciantes de Sarria, Ricardo Arias Alvaredo; e José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo

“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes de Sarria – CCU.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...