Homesociedade40 bloggers gastronómicos visitaron este sábado a Ribeira Sacra

40 bloggers gastronómicos visitaron este sábado a Ribeira Sacra

A primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, recibiu este sábado no Centro do Viño ós 40 bloggers gastronómicos, procedentes de toda Galicia, que visitaron a Ribeira Sacra co obxectivo de amosar ó mundo a riqueza gastronómica e turística deste territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os actos comezaron ás 10.00 horas cunha recepción oficial a cargo das representantes municipais, con almorzo con produtos típicos da zona e unha visita guiada ó Centro do Viño da Ribeira Sacra, actividades todas elas patrocinadas polo Concello monfortino.

A continuación, os corenta blogueiros viaxaron ata o peirao da Ponte do Sil para realizar un paseo en catamarán polo Canóns do Sil, patrocinado pola Deputación de Lugo. Seguiulle xantar no Restaurante Merenzao cun menú de quilómetro 0, elaborado polo cociñeiro Carlos Javier González Sánchez e que contou coa colaboración de diversas empresas galegas e Denominacións de Orixe.

Estes encontros de bloggers son importantes para promocionar a gastronomía da Ribeira Sacra e os atractivos turísticos e culturais. Todos eles suman moitos milleiros de seguidores en todo o mundo, e agárdase que se refiran nas súas bitácoras e blogs á experiencia que viven esta fin de semana en Monforte e na Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...