Homesociedade150 parellas participaron no X Campionato de Futbolín Máster de Sarria

150 parellas participaron no X Campionato de Futbolín Máster de Sarria

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, estivo esta fin de semana no pavillón dos institutos de Sarria seguindo as partidas na modalidade de movemento dun torneo no que participan máis de 150 parellas de toda Galicia, pero tamén de Asturias, León e Valladolid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia apoia o Campionato de Futbolín Máster Sarria, que se disputou esta fin de semana na vila, recuperando nesta décima edición unha competición que non se celebraba desde o ano 2019.

O delegado territorial salientou a iniciativa impulsada pola Asociación Sarria Futbolín por como contribúe á promoción para a comarca desde o punto de vista turístico, pero tamén pola súa repercusión económica á zona.

Este é un dos grandes torneos nacionais e de maior proxección, xa que ademais da modalidade de movemento, dispútanse tamén as de parado, feminino, cego e local, repartindo máis de 6.000 euros en premios, agasallos e trofeos, que contaron coa colaboración da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...